Comarcas

Un incendio nunha granxa de Crecente mata a centos de polos

Centos de polos morreron este venres de madrugada nunha granxa do concello de Crecente na que se declarou un incendio.

Emerxencias recibiu a alerta pasadas as 2 da mañá e deu aviso aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil que, ao chegar ao lugar, chamaron inmediatamente a unha ambulancia para que fose atendido o dono da granxa que sufrira unha crise de ansiedade.

Os bombeiros confirmaron que morreron moitos animais e que arderon comedeiros e serraduras que había no chan. Ademáis tamén foi informado o Servizo de Medio Ambiente da Xunta.

 

También te puede interesar