Galicia

Sae a licitación o equipamento para o novo hospital de Vigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este martes os anuncios de varias resolucións para a adquisición de diverso equipamento médico destinado ao futuro novo hospital de Vigo, que se porá en servizo a mediados do ano 2015.

Así, no DOG publícase a licitación para a adquisición do equipamento de diagnóstico de imaxe e o equipamento para ventilación e anestesía, todo cunha inversión de case 4,5 millóns de euros. A estes equipamentos súmanse outros xa licitados, así como servizos, ata unha inversión total que se eleva a 12,4 millóns de euros.

 

También te puede interesar