Galicia

A redución da espera para ir ao médico abre as portas á Sanidade Privada: se non hai un centro público a Xunta pagará un privado

O presidente da Xunta informou este venres do inicio da tramitación do decreto que regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas hospitalarias.

O texto permitirá garantir un tempo máximo de atención sanitaria hospitalaria programada e non urxentes de 60 días naturais nas intervencións cirúrxicas, de 45 días nas consultas externas e 45 días nas probas diagnóstica e terapéutica.

“Ata o de agora se establecían 180 días de espera máxima para intervencións cirúrxicas programadas e non urxentes e agora pasamos a 60 días. Esixímonos uns tempos de espera sanitaria para os cidadáns galegos moito máis reducidos dos que obriga a actual lexislación e con plenas garantías de cumprimento”, incidiu o presidente Feijóo, ao que engadiu que o texto establece que cando o Sergas non poida ofertar ao cidadán a atención no tempo máximo establecido, o paciente poderá optar por continuar na lista de espera no centro que lle corresponde ou requirir atención noutro centro acreditado en Galicia.

Eso sí, o decreto abre de par en par as portas á sanidade privada xa que, no caso de que o Servizo galego de Saúde non poda destinar ao paciente a outro centro público, este terá a opción de ir a un centro concertado polo Sergas e será o Servizo galego de Saúde o que abone os custos.

 

También te puede interesar