Vigo al minuto

Vigo, con 7.058 millóns, o concello galego con maior Producto Interior Bruto

O 45% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia concéntrase nas sete cidades galegas, con Vigo á cabeza por diante da Coruña, segundo recolle o Instituto Galego de Estatística con datos de 2012, difundidos este venres.

Vigo é o concello con maior PIB, 7.058 millóns de euros; seguido da Coruña, con 6.184 millóns de euros. Nos dous xérase unha cuarta parte do valor engadido de Galicia, ainda así, con respecto ao 2010, se rexistran caídas do PIB, se ben son máis intensas en Vigo (-5,7%) que en A Coruña (-2,5%).

Segundo informa o IGE, as sete grandes cidades achegan o 45% do PIB de Galicia e ocupan sete dos oito primeiros lugares. Só Arteixo, cun PIB de 2.044 millóns de euros aparece por diante de Pontevedra e de Ferrol.

Pola súa banda, nas sete grandes cidades a variación do PIB con respecto a 2010 foi negativa. En concreto, a caída é do 9,5% en Ferrol; seguida de Santiago (-7,1%); Vigo (-5,7%); Ourense (-3,6%); Lugo (-3,3%); Pontevedra (-2,8%); e A Coruña (-2,5%). Entre outros concellos, existe un descenso acusado no Porriño (-8,5%).

O maior PIB por habitante rexístrase no concello de Muras, en Lugo, con 103.890 € por cada unha das 790 persoas que ten como poboación, seguido de Carballeda de Valdeorras -100.717 € por habitante-, Ás Pontes de García Rodríguez -85.804 €-; San Cibrao das Viñas -78.376-, Ás Somozas -67.683-,  Arteixo -65.574-, Cerceda -64.988-; Cervo -63.505-, Rábade -48.275-  e O Porriño -41.858 €-.

 

También te puede interesar