Vigo al minuto

Se eres de Vigo e queres ir na Cabalgata cos Reis Magos, esto é o que tes que facer

Este luns ábrese o prazo para participar no concurso ‘Vente cos Reis Magos’, para seleccionar a 40  nenos e nenas de Vigo para que acompañen as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar durante a Cabalgata.

Poderán participar todas as nenas e nenos da cidade nados entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2006, ambos inclusive. As solicitudes poderán depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real, instaladas na Lonxa do Concello e nos Centros Cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.

O prazo de inscrición comezará este luns, día 1 de decembro e finalizará as 8 da tarde do día 16. O sorteo realizarase o día 22 de decembro, ás 12, no Concello.

 

También te puede interesar