Cultura

A Fundación Amancio Ortega doa 20 millóns a Cáritas e 4 ao Banco de Alimentos

A Fundación Amancio Ortega ven de doar 20 millóns de euros a Cáritas e 4 á Federación Española de Bancos de Alimentos, segundo informaron este xoves, as dúas ONG, nunha nota de prensa.

A fundación creada polo dono de Inditex, asinou dous convenios de colaboración coas dúas ONG; no de Cáritas que indica que esta aportación irá para atención primaria e para cubrir servizos como os pagos de electricidade, auga, gas, alugueiro e outras necesidades básicas das familias.

Polo que se refire ao do Banco de Alimentos, os cartos serán para mercar equipos, alugar naves de almacenamento, dispor de cámaras frigoríficas, carretillas e furgonetas, así como para gastos de transporte, combustible, teléfonos, correos e electricidade.

 

También te puede interesar