Vigo al minuto

Vigo, pioneira en colocar semáforos para cegos que actívanse con bluetooth

O vicepresidente do Consello Territorial da ONCE Galicia, Oscar Aníbal Proietti, este mércores na Praza de América/Tresyuno Comunicación

Na Praza de América, confluencia con Gran Vía, comezou a funcionar este mércores un dos 67 semáforos co sistema ‘bluetooth’ que se activa dende o teléfono do invidente. Esta tecnoloxía soluciona o problema de ruído que emiten os semáforos tradicionais e que ocasionan moitas molestias aos veciños. Ata o de agora, o que se facía era reducir o volume dos semáforos para que molestara o menos posible aos cidadáns ao tempo que os invidentes podían seguir escoitando os sinais sonoros, pero esta medida non resultaba operativa.

Tal e como explicou o alcalde, este novo sistema consiste nun módulo de semóforo verde de peón co altofalante integrado para emitir os sinais acústicos. Este módulo está dotado cun receptor ‘bluetooth’ que, ante a presenza dun sinal procedente do teléfono móvil dun invidente, activa a emisión sonora do semáforo. Tamén se activa cun mando a distancia para os usuarios que así o prefiran. Esta funcionalidade non require da instalación de ningunha aplicación no teléfono móbil, polo que serve calquer móvil coa correspondente modificación da configuración bluetooth.

Os semáforos dotados con esta tecnoloxía xa están operativos na zona de Lepanto, Areal, Coruña e Travesía de Vigo e, tal e como avanzou Abel Caballero, que estivo acompañado polo  vicepresidente do Consello Territorial da ONCE Galicia, Oscar Aníbal Proietti, seguirán implantándose por outras rúas da cidade para seguir complementando a atención á discapacidade, neste caso visual, coa comodidade dos cidadáns.

 

También te puede interesar