vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Manifestación, este xoves en Vigo, polo “emprego de calidade na automoción”

Posted by on Nov 26th, 2014 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Confederación Intersindical Galega (CIG), ven de convocar unha manifestación para este xoves en Vigo, que sairá ás 8 da tarde da Praza de América, en dirección á planta de PSA Peugeot Citroën, para reclamar emprego de calidade na automoción e para advertir de que non consentirán que a multinacional “impoña ao resto de empresas do sector os recortes acordados co sindicato independiente” da planta viguesa.

Nunha rolda de prensa, representantes da central nacionalista advertiron de que PSA adoptou un “modelo de chantaxe” cara aos provedores, ameazando con deslocalizacions para que esas empresas “se non precarizan as condicións dos seus traballadores…isto empeza en PSA, pero a idea é trasladalo ao resto do sector”, aseguraron.

A CIG acusa, ademáis ao Clúster de Empresas de Automoción (Ceaga), de ser “cómplice dese empeoramento das condicións laboráis”, e tamén á Administración, á que esixiu que as “subvencións e axudas públicas estean condicionadas a un compromiso de carga de traballo a curto, medio e longo prazo”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM