Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis de 3.600 galegos viven na rúa, a porcentaxe máis alta do Estado, en relación a poboación

Posted by on Nov 26th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Segundo asegurou o responsable de Cáritas de Santiago este mércores, hai máis de 3.600 galegos que viven na rúa en “condicións precarias“. José Anuncio Mouriño, explicou que, das persoas sen fogar, 1.506 atopan na provincia da Coruña e 1.264 na de Pontevedra. Ademais dixo que numerosas persoas durmen na rúa, como na Coruña (295), Vigo (215) e Santiago (127), segundo teñen contabilizado.

Ao respecto, asegurou que Galicia está á cabeza, detrás do País Vasco, en canto a persoas que viven na rúa cunha ratio de 133 por cada cen mil habitantes, fronte á media do estado que é de 71.

Mouriño denunciou que, para atender a estas persoas (alugueres, subministracións e cuartos), Cáritas, de forma directa e sen contar coas parroquias, fixo fronte a 193.854 € no que vai de ano. “Parécenos que isto non é correcto, xa que consideramos que a sociedade é a responsable de todas esas persoas que non teñen un lugar digno para vivir. Polo tanto é a sociedade a que ten que darlle solucións. Falamos de seres humanos que senten o mesmo ca nós”, proclamou.

O responsable de Cáritas salientou que “a pobreza cada vez ten máis rostro de muller. Isto leva consigo que, cada vez, hai máis mulleres que dormen na rúa ou en albergues de transeúntes”.

Por outro lado, tamén se referiu ao perfil dos mozos que superan os 18 anos e que viven na rúa e que, fundamentalmente, proceden de centros tutelados. A súa idade está comprendida entre os 18 e 23 anos, e a súa presenza no centro de referencia de Cáritas incrementouse nun 10%.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM