Galicia

Ve-la luz, asociación contra a violencia de xénero, pecha ante a “falla de saída” para as mulleres maltratadas

A asociación Ve-la Luz, liderada por “mulleres superviventes da violencia de xénero” dende 2009, pechará as súas portas o próximo 31 de decembro ante a “falta de saída existente para as mulleres e menores que viven a violencia de xénero”.

“Durante todos estes anos intentamos visibilizar o que nós consideramos un gran negocio para os que gobernan e gobernaron, destacando que nunca se facilitou a saída das vítimas”, anuncia a  asociación a través dun comunicado.

Deste modo, denuncia, “as  vítimas de violencia de xénero non accederon a esas axudas económicas irrisorias e que remataron nas colas de Cáritas”. Así mesmo, visibiliza, a “normalización existente da violencia de xénero en sede xudicial”.

 

También te puede interesar