Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A estación do AVE de Thom Mayne pasa á historia

Posted by on Nov 24th, 2014 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Thom Mayne na presentación do seu proxecto de estación para Vigo/Tresyuno Comunicación

Iso foi o que deixou ver este luns, en Vigo, a  ministra de Fomento. Ana Pastor, asegurou que que, “ata o momento”, ningún socio privado mostrou interese por participar na obra da parte concesional, diseñada polo arquitecto Thom Mayne, da nova estación do AVE en Vigo.

Logo de participar nun acto de Nova Economía Forum na cidade, a ministra subliñou que o AVE chegará á cidade o ano que ven xa que as obras da ‘estación provisional’ de Urzáiz “van moi ben, e estarán en disposición de recibir o tren de alta velocidade que unirá Vigo y A Coruña.

Ana Pastor, subliñou que o que se fixo en Vigo, con obras provisionais de dúas estacións, “foi o colmo” e advertiu de que “con diñeiro público non hai bromas”.

A ministra repetiu que a estación de Mayne farase pero “no momento en que haxa no mercado socios privados que mostren interese, e ata agora non o amosaron, agora a prioridade é rematar a estación e que chegue a alta velocidade, esa segunda fase farase cando haxa interese no sector privado, reiterou.

As declaracións de Ana Pastor non lle gustaron ao alcalde quen recriminoulle que “en tres anos non fose quen de contratar a estación” engadindo que “o que non hai é interese por facer a obra e Vigo non o vai permitir”.

Abel Caballero, atacou as declaración de Ana Pastor nas que sinalou que o proxecto inicial de Thom Mayne era “faraónico” preguntándose se á ministra “¿non lle parecen faraónicos os proxectos do Porto exterior de A Coruña ou a cidade da Cultura de Santiago?…¿as obras en Vigo son faraónicas pero noutras cidades non?”, ironizou.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM