vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Bombeiros de Galicia denuncia que a organización dos servizos de Emerxencia non responde a criterios técnicos

Posted by on Nov 16th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Bombeiros de Vigo/Tresyuno Comunicación

A asociación Bombeiros Públicos de Galicia afirma nun comunicado que “non existe unha distribución e organización dos servizos de emerxencias que atenda a uns criterios técnicos” baseados na “racionalización, nas características xeográficas do territorio e nos riscos potenciais existentes”.

Ademáis, sostén que os protocolos de actuación e mobilización de medios responden a “decisións políticas e intereses partidarios” e engaden que esta situación se viu “agravada dende o accidente de Angrois“, tras o cal, subliñan, “foron eliminados os sistemas de comunicación remota dos Parques de Bombeiros e agrupacións de Protección Civil”.

“Esta ferramenta permitíanos coñecer en tempo real o desenvolvemento de calquera emerxencia que tivese lugar en Galicia”, e subliñan que a súa “eliminación foi a represalia” por “sacar á luz” as “chapuzas” que, na súa opinión, se “produciron no desenvolvemento do operativo de tren”.

Bombeiros de Galicia denunciou, tamén, que “non existe unha auténtica profesionalización das emerxencias, un sistema que alimenta o clientelismo promovido por xente sen escrúpulos”. Neste senso fan fincapé en que moitos dos grupos que forman os “medios de emerxencia” contan con “medios moi deficientes e escaso persoal”.

Bombeiros Públicos de Galicia citan un incendio que tivo lugar o pasado xoves nun almacén de vehículos industriais en, onde os GES do devandito municipio – atentido por “dúas persoas” “pouco poden facer ante un incendio industrial” semellante.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM