vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Libera inicia unha campaña sobre protección animal en Galicia

Posted by on Nov 15th, 2014 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Asociación Animalista Libera lanzará este domingo a primeira ‘campaña dixital’ sobre o benestar e proteción animal en Galicia. O seu obxectivo é facer recomendacións e dar consellos a 300.000 galegos por medio de Twitter e Facebook.

Libera cre que é “urxente” darlle pulo a esta iniciativa nas redes sociais, “nas que a información consúltase e compártese axiña e de xeito efectivo”, segundo explica nun comunicado, no que engade que, ata agora non se fixera en Galicia unha campaña semellante.

Segundo o  ‘II Estudio sobre el vínculo’, feito pola Cátedra Fundación Affinity sobre Animais e Saúde, no 43%  dos fogares do Estado hai, cando menos, un animal, o 76% gatos e cans, nunha extrapolación feita para Galicia, entre o 30 e 0 45% da poboación convive con animais domésticos.

Mentres dure a campaña, os perfís de Libera divulgarán material informativo con suxerencias e consellos e axudarán a coñecer e protexer aos animais.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM