O venres haberá chuvias e as ondas superarán os 7 metros no litoral galego

Durante o venres, tempo inestable con precipitacións que poderán acumular máis de 40 litros/m2, en concreto no litoral atlántico e no Miño en Pontevedra, segundo informa MeteoGalicia. Na comunidade, a costa seguirá en alerta alaranxada por ondas que poden chegar aos 7 metros de altura, no oeste.

Os ceos terán intervalos anubrados con chuvascos, localmente tormentosos e acompañados de sarabia, en especial en Pontevedra e no sur da Coruña. As temperaturas en descenso, as mínimas oscilan entre os 7º de Lugo e os 11º, en Vigo, mentras as máximas presentan 13º en Lugo, e 16º, nas restantes provincias.

Nos avisos, ata as 12 horas existirá unha alerta amarela no litoral da Coruña e Pontevedra, por ondas entre 4 e 5 metros, que mudará a laranxa por mar combinado do oeste, con alturas de 5 a 7 metros. Na costa da Mariña luguesa, a partir do mediodía, chegará a alerta amerala por ondas, que alcanzarán os 5 metros.

O vento no mar acolle un aviso amarelo ata as 18 horas no litoral coruñés, por refachos do sueste forza 7. En canto ao xoves, o vento alcanzou os 146 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras, (en Ourense); e 129, en Vimianzo, (A Coruña). En canto a provincia de Pontevedra, rexistráronse 102 quilómetros por hora en Vigo, 113 en Oia, e 88 nas Cíes.

También te puede interesar