Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Xunta endurece as condicións para ser parella de feito

Posted by on Nov 13th, 2014 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Consello da Xunta aprobou na reunión deste xoves o decreto que modifica a norma do rexistro de parellas de feito de Galicia, co que se endurecen os requisitos para inscribirse, co fin de evitar “fraudes”, segundo o presidente Feijóo. En Galicia hai 10.817 parellas de feito, segundo consta no rexistro -que empezou a funcionar en 2008-.

Na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta, o presidente salientou que o cambio esencial é o silencio de administrativo, que agora pasa a ter consideración de “negativo“, como así recólleo a Lei de acompañamento que está a trámite no Parlamento de Galicia. Deste modo, será precisa “unha resolución expresa” para que unha parella de feito quede inscrita no rexistro.

Feijóo reivindicou que o decreto dará “maior seguridade xurídica para evitar posibles fraudes“, Non en van, indicou, esta modificación impúlsase “ante as diversas situacións de fraude advertidas para obter beneficios ilexítimos a través de inscricións nos rexistros de parellas de feito existentes”.

Entre os cambios que citou, o presidente galego referiuse a que “será obrigatorio que ambos os dous membros da parella teñan unha presenza física no rexistro“. Así, ambos os dous deberán expresar no xulgado que queren ser parella de feito.

Ademais, a Xunta resérvase actuacións de oficio “conducente a ver o cumprimento de requisitos” e “poderá cancelar” o rexistro cando non se cumpra o requisito de convivencia. “As parellas de feito non poden ser un negocio fiscal, ten que haber convivencia”, remarcou o presidente.

O que non acrarou o xefe do executivo é si esta decisión ten que ver co feito de que o número de bodas polo rito católico recuciuse ata un 30, 41%, mentres que as unións civís e a convivencia de feito represente xa a elixida por preto do 70% das parellas ou ben si o cambio da norma está relacionada co aumento dos divorcios e separacións e dos matrimonios de persoas do mesmo sexo.

 

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM