Vigo al minuto

O xuiz Ruz cita os imputados pola quebra de Pescanova para que depositen 158,53 millóns de fianza

Manuel Fernández, ex presidente de Pescanova/Tresyuno Comunicación

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz citou este martes os imputados polo caso Pescanova para recibir o requirimento do pagamento da fianza solidaria imposta de 158,53 millóns de euros. Os  imputados teñen agora un prazo de dez días para depositar o importe da fianza solidaria, coa que se trata de garantir as eventuais responsabilidades pecuniarias derivadas da causa, ou declararse insolventes.

A devandita fianza terá que ser asumida, segundo o auto do pasado 27 de xaneiro, por Manuel Fernández Sousa-Faro, Alfonso Paz-Andrade, Fernando Fernández Sousa, Robert Albert Williams, Antonio Táboas, Joaquín Viña, Alfredo López e IC Hólding Limited. A eles súmanse Carlos Turci, Alfonso García Calvo e Angel González Domínguez.

A finais de outubro, a Audiencia Nacional desestimou o recurso presentado polo ex presidente de Pescanova contra a fianza solidaria de 158,53 millóns de euros imposta o pasado mes de xaneiro.

No auto da Sala do Penal sección Terceira da Audiencia Nacional, o xuíz recoñece que se ben é certo que o prexuízo total causado pode chegar a variar” non só na fase de instrución, senón nas posteriores, dada a complexidade da causa, a imposición da fianza “en absoluto pode cualificarse de prematura”.

Así mesmo, a resolución subliña que a alegación presentada por Manuel Fernández debe ser rexeitada, xa que “a inconcreción do número de imputados, en nada impide a fixación da contía da fianza, sen prexuízo de que ao longo da investigación se vaia adaptando”.

 

También te puede interesar