vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Parlamento de Galicia, non investigará a suposta trama dos cursos de formación, logo do voto en contra do PP

Posted by on Nov 11th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A maioría parlamentaria do Partido Popular impediu este martes que o Parlamento de Galicia aprobase  investigación da suposta trama da fraude dos cursos de formación, destapada na ‘Operación Zeta’. Ainda que os populares recoñecen que hai irregularidades, subliñaron que foi o presidente da Xunta quen puxo en coñecemento da Fiscalía o presunto fraude.

A iniciativa foi impulsada polo BNG e AGE pedindo a creación dunha comisión de investigación no Parlamento para descubrir as posibles responsabilidades políticas do fraude de fondos públicos derivados a cursos de formación e no que un dos principais implicados é o empresario Gerardo Crespo, que era militante do PP.

O voceiro do grupo Popular, salientou que Crespo recorreu aos ex conselleiros socialistas Pachi Vázquez e Ricardo Varela para pedir favores, e reiterou que foi o goberno Feijóo o que aprobou as medidas para evitar calquera fraude e a que levou á Fiscalía as sospeitas sobre este caso.

Esta versión foi desmentida polos deputados Francisco Jorquera (BNG), e Juan Fajardo (AGE) quenes negaron que marzo de 2012 fose o inicio da investigación e sinalaron que foron oex emregados das empresas implicadas na suposta trama os que denunciaron os feitos.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM