Galicia

O alcalde do Concello de Santa Comba, Antonio Landeira, dimite por motivos persoais

Antonio Landeira Gallardo. Imaxe: Concello de Santa Comba

Por comunicado, o alcalde do Concello de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, anuncia que deixa o seu cargo por cuestións persoais, sen aludir a motivos políticos. O rexedor engadiu, que renuncia a ser candidato á alcaldía nas próximas eleccións.

Landeira agradece a “confianza e comprensión” da veciñanza. A despedida ven marcada pola “satisfacción de que puxen todo o meu esforzo en defender os intereses xerais dos veciños do pobo e en traballar polo beneficio común”.

Ante os actuais procesos de corrupción, o rexedor apuntou que “Gustaríame que todos os políticos que están imputados en procesos xudiciais actuasen con coherencia e nun xesto de hixiene democrática optasen por renunciar inmediatamente aos seus cargos“. De maneira provisional, o seu posto será cuberto pola tenente alcalde, María Pose Rodríguez.

 

También te puede interesar