vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Deputación de Pontevedra destina 350.000 € a 45 escolas de música e conservatorios da provincia

Posted by on Nov 7th, 2014 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, na súa reunión deste venres, a concesión de 350.000 € en axudas ás 45 escolas de música e conservatorios da provincia. Máis de 7.000 alumnos e 570 profesores integran estes centros non dependentes da Consellería de Educación e que a administración provincial subvenciona.

En concreto, beneficiaranse destas achegas 10 conservatorios, que percibirán un total de 150.000 €; 11 escolas de música dependentes de asociacións, que se repartirán 50.000 €; e 24 escolas de música públicas, dependentes na súa maior parte dos concellos, e que contan cunha achega total de 150.000 €.

O presidente da Deputación valorou o labor que desenvolven estas entidades e informou que se está a traballar con todos eles para lograr unha “maior coordinación” entre todos os centros, de forma que “non se xeren as desigualdades existentes actualmente“, onde cada centro ten uns prezos diferentes para un mesmo servizo.

Rafael Louzán indicou que o que cobran os profesores dunhas escolas e outras e o que pagan os alumnos pode variar ata nun 100 % dependendo do centro, algo que avogou por corrixir.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM