vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Un galego entre os sete españois que están refuxiados nunha mina de Burkina Faso, logo do golpe de Estado no país

Posted by on Nov 2nd, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Un galego e seis granadinos son os españois membros dun proxecto para a extracción de manganeso, traballadores da empresa Parquigran, permanecen refuxiados nunha mina situada ao norte de Burkina Faso, a 400 quilómetros ao norte da capital, Uagadugú, preto da fronteira con Mali e Níxer. A propia empresa e o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e as diferentes embaixadas están a intentar evacualos por aire, se ben aínda non foi posible.

Os sete empregados españois están refuxiados no campamento da mina, onde se atopan acompañados por outros sete traballadores de nacionalidade francesa, australiana e británica. Todos eles pasaron a noite encerrados na mina ante “o temor de ser asaltados en calquera momento”, indican.

Parquigran está a intentar evacuar os seus empregados, para o que conta coa axuda de Exteriores, que se mantén en contacto tanto con eles coma coa compañía. As embaixadas mantéñense ademais, en contacto coas autoridades locais do país.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM