Vigo al minuto

O persoal de Cespa, concesionaria de mantemento de zonas verdes de Vigo, irá á folga

O cadro de persoal de Cespa Xardíns e Forestais, concesionaria do servizo de mantemento das zonas verdes de Vigo, formalizarán este venres, día 30 (ás 11:30 h.) no Rexistro municipal a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro día 10 de novembro. Os 109 traballadores reclaman unha xuntanza co edil responsábel para solicitarlle información sobre as modificacións introducidas no prego de condicións do concurso de adxudicación.

A decisión foi adoptada por maioría dos empregados na asemblea celebrada este xoves diante do consistorio ao remate da mobilización convocada no interior do edificio.

 

También te puede interesar