Vigo al minuto

Este venres ábrese o prazo para solicitar o pagamento dos impostos municipais en 10 cuotas

O Concello abrirá este venres o prazo para que os vigueses poidan solicitar o pagamento de impostos municipais fraccionado en 10 meses. Esta medida, que entrará en vigor en xaneiro, foi publicada no Boletín Oficial da Provincia publicado este xoves, no que consta a modificación da ordenanza fiscal xeral e a aprobación deste sistema de pagamento fraccionado, recollido baixo o nome ‘A Conta Doado 10’.

Esta iniciativa afectará ao imposto sobre bens inmobles-a popular contribución-, o imposto sobre actividades económicas, o de circulación, a taxa de recollida do lixo e as extraccións unificadas industriais. Os pagamentos realizaranse en 10 cotas mensuais consecutivas con cargo en conta nos primeiros días de cada mes.

Os interesados en acollerse a este sistema, terán que presentar a súa solicitude por medios telemáticos antes do 31 de decembro, para que entre en vigor ao ano seguinte, tras o que permanecerán dados de alta e non terán que renovar a solicitude en anos posteriores.

 

 

También te puede interesar