Sucesos

Rastrexan un monte no concello da Veiga, logo de atopar un cranio e o bolso dunha muller desaparecida

Dende este xoves pola mañá estase realizando unha busca polo monte, no concello ourensán da Veiga logo de ser achado na zona un cranio e un bolso con pertenzas de Catalina García Vega, desaparecida hai máis de dous anos naquel concello.

Segundo a Garda Civil, durante a batida que se levou a cabo o mércores en Vilaboa, localizouse un bolso que contiña un teléfono móbil, o cal, tras comprobar o IMEI constatouse que pertencía á desaparecida.

Os investigadores están á espera dos resultados científicos para confirmar que os ósos achados a semana pasada nesa zona de monte pertencen á muller desaparecida.

 

También te puede interesar