Deportes Vigo al minuto

Marcha solidaria de Aspanaex, con saída dende o Parque de Castrelos, o domingo 5 de outubro

Serán 9 kms de solidaridade, a 31ª edición da marcha Aspanaex comezará a partires das 10 horas dende o Parque de Castrelos, o vindeiro domingo 5 de outubro. Un evento, a prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, que destinará os fondos ao equipamento da Sala multisensorial.

Baixo o lema Aspanaex ten marcha, os participantes deberán acudir minutos antes do comezo para conseguir un Corazón Solidario, a cambio dun euro. A entidade, que realiza un chamamento á cidadanía para que se involucren na causa, agarda alcanzar os 3.000 participantes.

Con inicio no Auditorio do Parque de Castrelos, a marcha recorrerá a Avenida de Castrelos, Plaza América, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzaiz e Príncipe. O percorrido proseguirá por Porta do Sol, Praza América e finalmente, a Avenida de Castrelos. A iniciativa, organizada cada primeiro domingo de outubre, celébrase dende 1.984.

También te puede interesar