Galicia

Advirten ao Concello de Salvaterra de que vanlle cortar a luz e o alcalde di que é algo normal

Que o Concello teña unha débeda de 140.000 € coa compañía da luz e normal. Iso é o que asegurou o alcalde de Salvaterra quen engadiu que a electricidade págase “relixiosamente”.

Electra Alto Miño (EAM) non pensa o mesmo, de feito enviou un escrito ao Concello de Salvaterra, polo que lle informaba de que debe esa cantidade -correspondentes aos meses de abril a agosto- e que, de non a aboar, se procedería ao corte de subministración o día 16 de setembro.

Pero para o alcalde Grandal non pasa nada, “as contas entre eléctricas e concellos son así case todas”, dixo, e engadiu que a débeda “vaise afrontando: un mes non se paga nada e outro mes páganse varios recibos, pero as compañías non cortan a luz…a maioría dos concellos non está ao corrente de pago e, ademáis, as eléctricas deben aboar un canon ao concello periodicamente”, polo que “se compensa a débeda”.

¿Cómo paga o Concello? Segundo o BNG, que levou este asunto a Pleno, deixando sen iluminación a varias parroquias, “como Oleiros onde está apagada” e asumindo “ xuros de mora, o que fará que os veciños de Salvaterra, un dos concellos máis endebedados de Galicia, teñan que asumir ese sobrecusto”.

O Bloque subliña que ese ‘sobrecusto’ xa se lle pasou aos veciños, “o alcalde anulou partidas presupostarias ás parroquias para facer fronte a parte desta débeda mentres tira os cartos con rotondas inútiles”.

 

También te puede interesar