Galicia

Advirten ao Concello de Salvaterra de que vanlle cortar a luz e o alcalde di que é algo normal

Que o Concello teña unha débeda de 140.000 € coa compañía da luz e normal. Iso é o que asegurou o alcalde de Salvaterra quen engadiu que a electricidade págase “relixiosamente”.

Electra Alto Miño (EAM) non pensa o mesmo, de feito enviou un escrito ao Concello de Salvaterra, polo que lle informaba de que debe esa cantidade -correspondentes aos meses de abril a agosto- e que, de non a aboar, se procedería ao corte de subministración o día 16 de setembro.

Pero para o alcalde Grandal non pasa nada, “as contas entre eléctricas e concellos son así case todas», dixo, e engadiu que a débeda “vaise afrontando: un mes non se paga nada e outro mes páganse varios recibos, pero as compañías non cortan a luz…a maioría dos concellos non está ao corrente de pago e, ademáis, as eléctricas deben aboar un canon ao concello periodicamente», polo que «se compensa a débeda”.

¿Cómo paga o Concello? Segundo o BNG, que levou este asunto a Pleno, deixando sen iluminación a varias parroquias, “como Oleiros onde está apagada” e asumindo “ xuros de mora, o que fará que os veciños de Salvaterra, un dos concellos máis endebedados de Galicia, teñan que asumir ese sobrecusto».

O Bloque subliña que ese ‘sobrecusto’ xa se lle pasou aos veciños, “o alcalde anulou partidas presupostarias ás parroquias para facer fronte a parte desta débeda mentres tira os cartos con rotondas inútiles”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.