Sucesos

Un total de 58 accidentes de tráfico en Galicia durante a fin de semana

Do 19 ao 21 de setembro, Galicia rexistrou 58 accidentes de circulación, cun balance de 88 persoas asistidas, segundo informa Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado e o domingo, con 20 accidentes respectivamente.

Dende as 15 horas do venres, ata as 23:59 horas do domingo, a Central de Coordinación do 061, recibiu 73 chamadas vinculadas cos accidentes de tráfico que xeraron 58 asistencias sanitarias, cunha proporción do 59% de homes atendidos, e o restante 41%, mulleres. Do balance, o 46% dos feridos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra obtivo a maior cantidade de sinistros con 26 accidentes de tráfico, a continuación, A Coruña con 18, Ourense alcanza os 9, e Lugo, 5. En 76 casos, os feridos trasladáronse aos centros sanitarios correspondentes, namentres en 12 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente.

 

 

road accident

También te puede interesar