Galicia

55.000 veciños da provincia de Lugo participaron na elaboración dos orzamentos da súa Deputación

O presidente da Deputación de Lugo, este domingo, na presentación dos resultados dos orzamentos participativos

Maís de 300 asociacións de veciños de Lugo- 55.000 persoas en total- participaron na primeira fase da elaboración dos orzamentos da Deputación, os primeiros participativos dun organismo provincial do Estado.

Deste xeito, queda representado o 20% da poboación da provincia maior de 16 anos, como adiantou o presidente da Deputación, este domingo, durante a celebración do Día do Veciño, ao que asistiron máis de 3.000 persoas, no Palacio de Feiras e Congresos de Lugo.

Segundo salientou José Ramón Gómez Besteiro, un 42 % dos veciños decidiu que se priorizase o fomento do emprego, un 15 % as infraestructuras e un 12% que se subliñe a importancia das políticas sociais. Besteiro salientou que o éxito desta iniciativa é dos veciños que “amosaron moita responsabilidade, implicación e sentido común” e indicou que este mesmo mes enviará á Xunta, Goberno do Estado e concellos as propostas e solicitudes para que “coñezan os deberes que lles poñen os lucenses”.

Polo que se refire ao perfil medio dos participantes neste proceso, a Deputación de Lugo sinala que corresponde a un home de 52 anos- ainda que as idades foron de 16 a 93- e Sarria, A Fonsagrada e Becerreá foron os partidos xudiciais que máis participaron en relación co número de habitantes.

 

También te puede interesar