'Qué te cuentas?'

‘Pequerruta’ organizada pola Asociación O Coto á Illa de Arousa

A Asociación Cultural O Coto- a única da cidade que organiza andainas culturais- organiza de aquí a finais de 2014 as cinco derradeiras ‘Pequerrutas’, logo de dez anos impulsando esta actividade para as familias.

A primeira delas será este domingo, día 21: a ‘Ruta dos Pilros’, á Illa de Arousa nun percorrido pola zona sur da illa no que coñecerán as particularidades do ecosistema do Parque Natural de Carreirón. No mesmo descubrirán as pequeñas e grandes calas, dunas, marismas, lagoas e recheos.

A saída será á 11 da mañá dende o Colexio Público Carballal, na Avenida do Aeroporto. Nesta ocasión é necesario levar a comida. Para máis información pódese chamar aos teléfonos 986 487957 e 676524529 ou na web ocoto.org.

 

También te puede interesar