Vigo al minuto

Mantas e toallas no chan do Meixoeiro para secar a auga das goteiras

Traballadores do Hospital do Meixoeiro denunciaron este xoves “a grave situación” do centro Meixoeiro, que tras as fortes chuvias destos dous días volve a ter goteiras e filtracións de auga. Os traballadores aseguran que xa advertirán de que esto pasaría logo de que non se fixera a remodelación da fachada- que o ano pasado obligou a pechar varias habitacións-.

As zonas máis afectadas ademáis da entrada do hospital, son un almacén con material para quirófanos e para a unidade de cirurxía cardíaca, os corredores da planta de hospitalización e as ascaleiras.

Membros da plantilla advirten que si persiste esta situación habera que pechar camas “de novo” o que implicará máis ateigamentos en Urxencias e un novo aumento da espera para operarse. Ademáis, lamentan a imaxe de toallas e mantas empapadas polo chan e aseguran que hai un “perigo moi real” de que haxa caídas por esbaramento dada a cantidade de auga que acumílase.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ante este feito repite que está previsto investir preto de 400.000 €- en dous tramos- para atallar este problema, ao tempo que repiten que non houbo problema algún nin nos servizos nin na asistencia médica aos doentes.

 

También te puede interesar