Vigo al minuto

Denuncian que Povisa despediu a 12 traballadores logo de ter beneficios de 11 millóns de euros

Ainda que Povisa obtivo un beneficio de 11 millóns o ano pasado, e ten garantida a estabilidad eco novo convenio co Servizo Galego de Saúde (Sergas), a empresa despediu a 12 traballadores. Esta é a denuncia que fixo este luns a voceira do comité de empresa do centro clínico.

María Xesús Neira (CIG), sinalou que o único motivo que deu a dirección dos despedimentos foi que non eran tales senon ceses de contrato, logo da sinatura do novo concertó co Sergas, que empeza a funcionar este día 1 de setembro.

Neira denunciou que este mes e o anterior contratáronse a “moitas persoas” en peores condicións laboráis e que, se houbese que despedir a alguén deberían ser algúns destes novos contratados.

A voceira salientou que “hai falla de persoal”, que as condicións de traballo son máis precarias, hai despedimentos e Povisa négase a negociar o convenio. Na súa opinión, os últimos responsabeis son a Xunta e o Sergas, “todo é culpa do PP e da súa política de recortes” e lembrou que os problemas laboráis de Povisa aos que perxudican en realidade son aos doentes que ven “diminuir a calidade da atención médica”.

Á vista da negativa a negociar un novo convenio e do incumprimento das sentenzas xudiciais o que parece craro é que “na Inspeción de Traballo manda Povisa porque incumple as resolución e non ten sanción algunha. Todos ollan para outro lado mentres Povisa fai o que lle da a gana e segue coa súa teima de contratar traballadores á carta”.

 

También te puede interesar