Galicia

Navalladas nunha disputa familiar polo recoñecemento de paternidade

Unha disputa polo recoñecemento dunha filla concluíu coa detención de tres persoas por un delito de lesións. Os feitos sucederon no concello lucense de Begonte, segundo informou a Garda Civil a través dun comunicado.

Os detidos son un home de 60 anos, ao que se lle reclamaba a paternidade, a súa parella, de 51, e o noivo dunha das súas fillas, de 33. Os tres, segundo o Instituto Armado, agrediron a muller que solicitaba ser recoñecida formalmente como filla e a un dos seus fillos, que a acompañou ata a vivenda do home de 60 anos agora detido.

A muller deste cortoulle as mans e o antebrazo, cunha navalla, á muller que reclamaba a paternidade, mentres que o ‘presunto pai’ lle propinou “varios golpes” cun bastón. Por todo iso, recibiu 20 puntos de sutura no Hospital Lucus Augusti. Ademais, un dos fillos desta muller recibiu un corte coa navalla, polo que necesitou sete puntos.

 

También te puede interesar