Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O goberno local de Ourense de 2009, formado por 11 concelleiros de PSOE e BNG, imputado

Posted by on Jul 31st, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Este é a segunda imputación do actual alcalde de Ourense

O goberno local de Ourense de 2009, formado polo PSOE e BNG, foi imputado por un presunto delito de prevaricación por unha licenza de parking nunha praza desta cidade e polo acordo de indemnización a unha cidadá.

Segundo figura no auto, entre os imputados está o actual alcalde, Agustín Fernández, do PSOE, o ex alcalde socialista da cidade, Francisco Rodríguez que tivo que dimitir pola súa implicación na Operación Pokémon; así como as edís da actual corporación Marga Martín e Ana Garrido.

Tamén están catro ex edís do BNG -Alexandre Sánchez Vidal, Andrés García Mata, Isabel Pérez e Marta Arribas González-. A estes únese o ex concelleiro socialista Demetrio Espiñenta Mangana. Ademais, a actual concelleira Áurea Soto xa declarou, mentres que o outro imputado é o avogado e asesor o goberno socialista Carlos Hernández, que tamén prestou declaración. O que dá un total de 11 imputados, dos cales 9 declararán entre o 17 e 18 de setembro.

Oito concelleiros do Concello ourensano que participaron nunha xunta de goberno local de setembro de 2008 xa están imputados pola aprobación do prego de licitación para unhas obras de reforma dunha céntrica rúa da cidade. Entre eles tamén está tanto Agustín Fernández como Francisco Rodríguez, ademais dos que agora reciben outra imputación.

Así, o maxistrado do xulgado de instrución número 1 de Ourense, Leonardo Álvarez, decide ampliar a querela a todos estes membros do bipartito co fin de que expliquen “por qué aprobaron o acordo de legalización correspondente ao parking” situado na Praza de Santo Antón e o acordo relativo á indemnización a unha cidadá.

Deste modo, o 17 de setembro deste ano están citados a declarar como imputados: Francisco Rodríguez, Alexandre Sánchez, Ana Garrido, Agustín Fernández, e Demetrio Espiñenta. Pola súa banda, están chamados para o 18 de setembro: Marga Martín, Andrés García Mata, Isabel Pérez, e Marta Arribas.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator