vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Asociación de Veciños de Teis demandará ao alcalde por inxurias e calumnias

Posted by on Jul 31st, 2014 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os representantes da Asociación Veciñal de Teis na rolda de prensa/ Fotografía:Ernesto Ilkermn

FOTOGRAFÍAS: Ernesto Ilkermn/ A Asociación de Veciños de Teis anunciou este xoves, en rolda de prensa, que ven de presentar  unha demanda de conciliación, previa a interposición dunha querela por inxurias e calumnias, contra Abel Caballero, polas declaracións que iste realizou o 16 de xuño no programa “Diálogos co Alcalde” de Televigo. Tras ler algunhas das frases obxecto da demanda, o secretario da Asociación, Anxo Iglesias, explicou que o fin da mesma é que o alcalde se retracte e recoñeza a falsedade do manifestado, que dana a imaxe da Asociación de Veciños.

Iglesias confronta a honestidade da Asociación coa “situación da Alcaldía, que viu como varias das concellerías foron rexistradas por orde xudicial no marco da operación Patos, que investiga unha trama de corrupción”, rexistro do que, subliñou Iglesias, Caballero ainda non deu explicacións.

O voceiro dos veciños lembrou que o Centro Cívico de Teis foi xestionado pola Asociación veciñal dende o ano 2002, “xestión que agora quere privatizar o Concello”. Segun dixo, esta decisión de expulsalos do Centro Cívico ven motivada, “ademáis de polo obvio interese económico de favorecer a unha empresa privada, polo feito de que se trata dunha asociación que se caracteriza pola defensa do barrio, denunciando as carencias e mobilizándose cando cómpre, ó marxe de quen esté no Concello, e sempre en defensa dos veciños do barrio de Teis”.

Demanda/ Fotografía: Ernesto Ilkermn

Pola súa banda, o presidente da asociación, Antonio Collazo, reiterou que as acusacións de Abel Caballero “son mentira”, e sinalando que o alcalde “non admite as críticas, soamente admite os parabéns, a alguns palmeiros e recibe soamente ós sumisos e aduladores”, en referencia a ausencia de diálgo coa Asociación de Veciños.

A preguntas dos xornalistas, ambos responsables manifestaron que contan co apoio “moral” do BNG, e doutras forzas políticas, ademáis da Federación Veciñal de Vigo e outras asociacións do barrio que estiveron con eles durante as mobilizacións que levaron adiante nos últimos meses. Sinalaron, asemade, como “corresponsable da privatización” ao Partido Popular, posto que “os orzamentos municipáis, onde se recolle a mesma, foron aprobados cos votos dos concelleiros de PSOE e PP”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM