Vigo al minuto

Concentración en Vigo pola Sanidade Pública e contra a eliminación do laboratorio no novo hospital

Ducias de profesionais da sanidade atenderon este martes a chamada da Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo e participan, dende as 11 da mañá, no Xeral, na manifestación-concentración “por un novo hospital de Vigo dotado de laboratorio central”.

Os traballadores esixen ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que dote ao Novo Hospital de Vigo dun laboratorio central, así como o “cese do regueiro de privatizacións que este goberno está a promover na sanidade pública”.

A xunta de persoal subliña que dende o goberno decidiron entregar a construción do novo hospital a empresas e bancos para que o xestionen de forma privada, “multiplicando o prezo por 5 e recortando camas, dimensión e servizos, incluso segregando algúns deles como o laboratorio, privatizando a lavandería, cociña ou mantemento”.

Traballadores sanitarios e médicos califican de “inconcebible” desde un punto de vista científico que o novo hospital careza do devandito laboratorio e advirten que esta decisión suporá, ademáis dun peor servizo para os doentes, un risco moi serio para a súa saúde ademáis de que ista segregación “abre a porta a novas privatizacións de máis servizos que, de consentir a do laboratorio, serán moito máis doadas”.

 

También te puede interesar