Galicia

93.700 familias galegas, con todos os seus membros en paro

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia era, a finalis do mes pasado, de 29.350, o que supón unha baixada de 1.649, un 5,32% nun ano.

Do total de afiliados en Galicia, 17.921 pertencen ao réxime xeral; 1.048, ao agrario; 3.971 ao do fogar; 5.172, son autónomos; e 1.257 aos de mar.

En canto á súa procedencia, do total de estranxeiros afiliados en Galicia, 12.637 persoas chegaron da Unión Europea, mentres que 16.713 eran de fóra mesma. Ademais, 16.292 eran homes e 13.058 eran mulleres.

Entre os afiliados da UE, 6.708 eran portugueses, seguidos por 2.413 romaneses e 994 italianos. De fóra da UE, 1.841 eran brasileiros; 1.516 eran marroquís; e 1.504, colombianos.

Por outra banda,  o número de fogares con todos os seus membros en paro situouse, no segundo trimestre de 2014 en 93.700, o que supón 7.800 menos que o trimestre anterior, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Na mesma indícase que dos 772.900 asalariados galegos, 589.300 teñen un contrato indefinido e os 183.700 restantes un temporal. Con respecto ao trimestre anterior, rexístranse 11.600 menos con contrato indefinido, en medran en 20.600 os que asinaron un contrato temporal.

No que atingue aos 348.200 xoves galegos de entre 16 e 29 anos, 119.300 -ol 34,3%- están ocupados, 75.300 -o 21,6%-  parados e os 153.600 restantes- o 44,1% ‘inactivos’.

 

También te puede interesar