Vigo al minuto

Que o novo hospital de Vigo non teña laboratorio «pode supoñer a diferenza entre vivir e morrer»

O secretario xeral dos socialistas, José Ramón Gómez Besteiro, co alcalde, este martes, diante do novo hospital/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence; e a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, manifestaron este martes o seu rexeitamento común á privatización da sanidade e esixiron que o novo hospital de Vigo sexa dotado dun laboratorio central.

Os tres asistiron á concentración convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública na que participaron tamén traballadores do servizo de laboratorio do Chuvi, para demandar un laboratorio central que permita alcanzar «a eficiencia do diagnóstico e a excelencia na atención a pacientes e cidadáns».

A voceiro dos traballadores, a hematóloga, Carmen Albo, instou o Partido Popular a que dote o novo centro dun laboratorio central, porque «o afastamento dos servizos de diagnóstico dos hospitais de referencia dificilmente asegura unha calidade axeitada e o mantemento da integridade» das mostras.

Calvo subliñou que externalizar estas actividades impedirá a realización de analíticas rápidas, afectará «á seguridade do paciente, diminuindo a eficacia dos tratamentos”, retrasando o diagnóstico, o que «pode supoñer a diferenza entre vivir e morrer».

A hematóloga sinalou que nos hospitais o laboratorio de urxencias se sitúa «ao lado dos demais», polo que «se se detecta unha anomalía se pode trasladar ao outro laboratorio. No hospital esa mostra terá que trasladarse a outro hospital e o resultado vai tardar muchísimo máis, co risco que supón para os pacientes«, explicou.

Por todo isto, os profesionais dos servizos de diagnóstico, de análise clínica, hematoloxía, inmunoloxía e microbioloxía se puxeron a disposición das autoridades para ofrecerlles o seu asesoramento na toma de decisións e poñerlles de manifesto «os beneficios da consolidación dos laboratorios no novo hospital de Vigo».

Pola súa banda, o líder do PSdeG criticou que a formulación do novo hospital de Vigo responda «cada vez máis ao modelo do PP: privado e pequeno». Besteiro sinalou que iso é o que deixa ver que “o ten que ser o buque insignia dun hospital, o laboratorio, aquí non o vai haber, cando é un un gran laboratorio o que tería que ter un centro de referencia como o que quere ser este hospital», sentenciou. “É unha magoa que o que ía ser unha grande infraestrutura hospitalaria de Vigo e de Galicia se vaia despezando privatización tras privatización», un caso que equiparou aos da Comunidade de Madrid, que «todos saben que foi un sonoro fracaso».

Yolanda Díaz manifestou que novo hospital, e en concreto o servizo de laboratorio, é un novo exemplo da «privatización dos recursos sanitarios, que terá consecuencias na saúde dos pacientes».

«Estamos diante dun hospital que está endebedando as arcas públicas e que vai supoñer a expulsión de traballadores da sanidade pública, precarizar as súas condicións laborais e empobrecer un servizo público que ten que ser de calidade», apostilou. Por esta razón, Díaz reiterou a súa petición de dimisión da conselleira de Sanidade, porque «está a saquear a sanidade pública para entregala ás grandes empresas sanitarias, moitas das cales teñen nome e apelidos do Partido Popular».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.