Destacados

O Partido Popular rexeita no Parlamento que o Consello de Contas fiscalce os concellos con concelleiros imputados por corrupción

O Partido Popular rexeitou – no Parlamento de Galicia- unha proposta de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) para que o Consello de Contas fiscalice os concellos con concelleiros ou alcaldes imputados en casos de corrupción. AGE tamén indicaba que o Consello debería realizar unha “auditoría sobre os servizos relacionados coas áreas nas que teñan responsabilidade os cargos imputados”.

O deputado de AGE Ramón Vázques sinalou o que calificou de “datos arrepiantes” que indican que en catro das sete cidades galegas parte dos seus gobernos locais están imputados, como é o caso de Lugo e Ourense, gobernadas polo Partido Socialista, e A Coruña e Santiago, gobernadas polo Partido Popular.

 

También te puede interesar