Máis de medio millón de desplazamentos polas estradas galegas esta ponte de Maio | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis de medio millón de desplazamentos polas estradas galegas esta ponte de Maio

Posted by on Abr 30th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 550.000 desprazamentos nas estradas galegas na operación especial da ponte do 1 de maio. A operación especial de tráfico da ponte do primeiro de maio desenvolverase entre as 3 da tarde deste mércores, 30 de abril, e as 12 da noite do luns, 5 de maio.

Tráfico advirte duns 14 puntos conflitivos na rede viaria de Galicia na próxima ponte festiva, 9 deles na provincia da Coruña, 3 na de Ourense, e 2 na de Pontevedra.

En concreto, avisa de que os puntos conflitivos na provincia coruñesa se localizarán na estrada AC-12, nos accesos a A Coruña por Perillo, San Pedro de Nos (Oleiros); a AC-11, na entrada á cidade herculina; na N-550; N-651; AP-9; A-6; AC-552, na glorieta da Grela; na AC-173, na zona de Santa Cristina e Santa Cruz; e na AG-11, entre Ribeira e Padrón.

Mentres, na provincia ourensana, a DGT alerta de puntos conflitivos na N-120, N-525 e OU-540; e na pontevedresa na A-55 -entre Vigo e Tui- e A-52 -no límite da provincia de Ourense e O Porriño.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM