Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A situación legal de Nelson Santos, ao Pleno de Porriño, este mércores

Posted by on Abr 30th, 2014 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O BNG de O Porriño leva ao Pleno este mércores, a situación xudicial do alcalde, o popular Nelson Santos, e de dous dos seus edís, imputados por un suposto tráfico de influencias, malversación de caudais públicos, prevaricación e supostos delitos contra os dereitos dos traballadores.

O voceiro municipal do Bloque asegurou que “o alcalde non pode esconderse por máis tempo cando vai ser xulgado por feitos moi graves“. Pedro Pereira salientou que as investigacións “destaparon o que pode ser unha rede clientelar creada polo Partido Popular dende o concello, coa colaboración de empresas afíns, para saltarse os procedementos legais en contratación laboral, obras e servizos”.

Pereira denunciou que o que pretendía o gobermo de Santos era aproveitarse das persoas desempregadas facendo que ter un traballo dependese da relación co alcalde e co seu partido e non de criterios obxectivos de valoración”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator