Galicia

Convocadas 600 prazas en balnearios, para personas maiores

A Consellería de Traballo convocou unha nova edición do programa ‘Benestar en balnearios’, mediante o cal se ofertan preto de 600 prazas para que persoas maiores de Galicia poidan realizar estanzas en balnearios da Comunidade.

En concreto, o programa convoca prazas nos balnearios de Acuña, en Caldas de Reis (Pontevedra); en Arnoia (Ourense); Augas Santas, en Ferreira de Pantón (Lugo); Baños de Brea, en Vila de Cruces (Pontevedra); Baños de Molgas, en Ourense; Caldelas de Tui, en Tui (Pontevedra); O Carballiño (Ourense); Carballo (A Coruña); Cuntis (Pontevedra); Laias, en Cenlle (Ourense); Lobios (Ourense); Río Pambre, en Palas de Rei (Lugo); e Termas Romanas de Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes para participar no programa rematará o próximo 10 de maio e os interesados xa poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web da Consellería de Traballo.

A iniciativa facilita ás persoas maiores con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios galegos. A duración da estanza é de 10 días.

Para participar, é necesario ter máis de 65 anos ou 60 reunindo condicións de pensionista, residir en Galicia, valerse por si mesmo e non padecer enfermidades contaxiosas nin trastornos mentais ou conductuales.

 

También te puede interesar