Vigo al minuto

Veciños de Teis concéntranse contra a “privatización” do Centro Cívico

Concentración, este luns pola tarde, diante do Centro cívico/Tresyuno Comunicación

Centos de veciños de Teis concentráronse este luns pasdas as 7 da tarde diante do Centro Cívico para rexeitar a súa privatización e lembrar que o mesmo é dos veciños. Detrás dunha faixa na que se leís ‘O cívico é de Teis’, os asistentes berraron consignas en contra da “intención do goberno de deixarnos sen o centro”.

Na convocatoria, a Asociación Veciñal lembrou que a mesma levaba 12 anos xestionando este centro durante os cales deu conta de “cada céntimo gastado e cada unha das partidas” e lembrou que durante todo este tempo tiña un convenio co Concello para a realización de actividades e a administración da entidade.

Esta mesma mañá, o alcalde negou que a Asociación xestionase o Centro Cívico, salientando que hay unha persona contratada pola administración local ao tempo que acusou a Asociación de Veciños de Teis de pretender que haxa 60.000 € de cartos públicos do Concello para os “seus intereses”, cantidade consignada nos anteriores orzamentos locais e que non figuran nos de este 2014.

 

También te puede interesar