Comarcas

Caravana contra o abuso das peaxes en Galicia, este sábado

O BNG organiza este sábado unha caravana reivindicativa para denunciar “o abuso que supoñen en Galicia as altas peaxes” e co obxectivo de reclamar “o progresivo abaratamento ata chegar á gratuidad polo seu uso”.

A caravana vai tomar a AP-9 en dirección a Coruña en Guísamo. Nela participarán 35 vehículos con militantes, cargos institucionais e concelleiros do Bloque. O punto de encontro será no aparcamento do Mesón Os Pacos, ás 12 e media. Dende alí entrará na autoestrada, circulará e pagará en man nas cabinas de peaxe.

O acto, segundo explican os nacionalistas, vai ter “dimensión nacional”, e noutras bisbarras farase o mesmo.

 

También te puede interesar