Galicia

Centos de estudantes saen ás rúas en Galicia para denunciar os recortes en Educación e esixir a retirada da Lei Wert

a manifestación de Vigo, este xoves/Tresyuno Comunicación

Centos de estudantes saíron este xoves en manifestación en varias cidades galegas para advertir que o “ensino non se vende” e denunciar a suba de taxas e a aprobación da Lei Orgánica par a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) – a Lei Wert- que calificaron de franquista.

As manifestacións- que sairon á rúa en Vigo, Compostela, Ferrol, A Coruña e Lugo– son parte das protestas organizadas polo Sindicato de Estudantes, que convocou unha folga este mércores e xoves en todos os niveis de ensino en Galicia a partir de 3º da ESO para esixir a retirada da Lomce e denunciar os recortes educativos.

Fontes do Sindicato de Estudantes subliñaron que as mobilizacións e a “loita” contra esta lei “son o único xeito de impedir que acaben co ensino público e que se limite o acceso á educación dos que teñen menos cartos”. En todos os casos, os estudantes reiteraron o seu rexeitamento á violencia, “aos das Preferentes, que son un exemplo, non lles fixo falta”,comentou un dos seus representantes.

En toda Galicia, os estudantes reclamaron aos ‘grandes sindicatos’ a convocatoria dunha folga de 72 horas na que se inclua a alumnos, país e profesores, como continuación “desta acción combativa” que, segundo o Sindicato de Estudantes continuará “ata que se retire esta lei pensada para facer da educación un eido elitista no que so poidan entrar os fillos dos ricos, como nos colexios privados”.

 

También te puede interesar