Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Sindicato de Estudantes chama á folga este mércores e mañá, xoves

Posted by on Mar 26th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Todos os alumnos do ensino de Galicia- dende 3º da ESO- están chamados á folga este mércores e mañá, xoves, polo Sindicato de Estudantes, para denunciar os recortes en educación e esixir a retirada da Lei Orgánica par a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) – a Lei Wert– polo “seu carácter nostálxico do franquismo”.

A folga- secundada so polo Sindicato de Estudantes- quere servir para denunciar o “retroceso en materia educativa co Goberno do PP” que “está a intentar eliminar os fillos dos traballadores do ensino universitario, acabando coa educación pública en beneficio dos centros privados e concertados”.

O Sindicato de Estudantes pide a dimisión do ministro Wert, reclama a readmisión de profesorado despedido, demanda gratuidade de matrículas, que non se faga da FP unha educación de segunda e critica “a españolización da educación” e “o adoutrinamento” a través da relixión.

Nesta liña, o sindicato califica a lei dun texto da dereita radical e advirte que nos próximos dous meses máis de 14.000 alumnos do Estado terán que devolver as súas bolsas do Ministerio.

O acto central da folga será este xoves con manifestacións en diferentes lugares de Galicia, entre eles Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo- ás 12-.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM