Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Deputación de Pontevedra convoca un procedemento aberto para contratar 11 obras por 1,3 millóns de euros

Posted by on Mar 25th, 2014 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Comeza o prazo da convocatoria do procedemento aberto para a contratación de 11 obras correspondentes ao Plan de Obras e Servizos por un importe total de 1.315.9599 euros convocado pola Deputación de Pontevedra. As empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas entre os 15 e 26 días naturais contados a partir deste martes, 25 de marzo.

En 15 días, as firmas interesadas poderán presentar as súas propostas para a execución dos seguintes traballos. O parque infantil na Alameda de Chapela, en Redondela, por 110.866 € e un prazo de execución de 45 días; os parques infantís en Soutoxuste e no centro cultural de Cidadelle, en Redondela, (23.564 € e 30 días de execución); a ampliación do parque infantil do Peirao, en Soutomaior, (58.326 € e 90 días); e a instalación de pista de madeira no Pavillón de Sequelo, en Marín, (55.660 € e máximo 1 mes de execución).

En 26 días, as empresas poderán optar á realización das seguintes obras. A pavimentación de camiños en Caldas de Reis, por un importe de 174.633 euros e 2 meses de execución; as melloras en viais de Lalín de Arriba, Sante e Horta-Sello, en Lalín, (186.000 € e 2 meses); o parque infantil na Xunqueira, fase 2ª, en Vilagarcía de Arousa, (63.605 € e 2 meses) e a pavimentación e dotación de servizos no camiño de Tarrío, en Poio, (75.245 € e 3 meses).

Engádense nos 26 días de prazo,a realización do acondicionamento do salón de actos da nova Casa Consistorial de Catoira (79.609 € e 6 meses de execución); a urbanización, beirarrúas e aparcadoiro na rúa Diego Sarmiento de Acuña, en Gondomar (269.995 € e 6 meses); máis a peatonalización parcial da rúa Castelao, en Nigrán, (218.456 € e 4 meses de prazo).

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM