Galicia

Un morto e 80 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 80 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 14, e a medianoite deste luns.  O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 33 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 74 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 72 e do 28 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 22 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 30 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 84. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 68 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais se mobilizaron en dous sinistros.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, en tres ocasións foron trasladados ao centro de atención primaria, en oito casos foron atendidos no propio lugar do incidente, sen necesitar traslado, e unha persoa faleceu no lugar do accidente.

 

También te puede interesar