Vigo al minuto

A folga indefinida dos traballadores de Povisa comezará o 17 de marzo á media noite

A decisión foi aprobada en asamblea de traballadores por maioría. O Comité de Empresa comunica que o próximo 17 de marzo realizarán unha folga indefinida para reivindicar as precarias condicións sociais, económicas e laborais impostas pola Dirección do Hospital. Esperan que a decisión sexa apoiada polo 100% da plantilla. A inactividade estará secundada por todos os sindicatos agás Comisións Obreiras.

Durante a xornada de onte, repartíronse entre os usuarios das instalacións notas informativas sobre o próximo acto. A Presidenta do Comité de Empresa María Jesús Neira, declaraba que “é o momento de plantarlle cara á situación porque non aguantamos máis” ante o desamparado presentado por parte da Consellería de Sanidade, da Xunta e da Dirección da empresa para sentarse a negociar.

A decisión é tomada polo “incumprimento do convenio colectivo vixente dende 2010, así como as ameazas constantes de despedimentos de compañeiros”, engadía a portavoz. Os integrantes denunciaban públicamente un deterioro na calidade asistencial coas reduccións das xornadas obligatorias en diversos servizos como o quirúrxico; así como a variabilidade da cantidade do persoal sanitario segundo as horas de atención aos pacientes (de 8 a 10 horas, de 14 a 16 horas, e de 21 a 23 horas).

Ante o incumprimento das sentenzas gañadas polos traballadores e o futuro despido de 13 compañeiros de profesión, o comité salientaba “a contrariedade” da situación actual, ó localizar na páxina web do hospital ofertas de contratación laboral debido ó “exceso de acumulación de tarefas” segundo a dirección do centro sanitario.

También te puede interesar