Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O fiscal xefe pedirá lexitimidade ao fiscal xeral do Estado para intervir en demandas colectivas coma as Preferentes

Posted by on Mar 13th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela/Tresyuno Comunicación

A Fiscalía do Tribunal Superior Xustiza de Galicia dirixirá á Fiscalía Xeral do Estado unha proposta para pedir a lexitimación do Ministerio Fiscal para que poida intervir en procesos de demandas colectivas, como no caso dos afectados polas preferentes e subordinadas.

Así o adiantou o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, en declaracións aos medios antes de ofrecer unha conferencia no xantar-coloquio do Foro de Dereito Alumni Pontevedra de la Universidad de Navarra, este xoves en Vigo.

Varela salientou que tras o sucedido cos preto de 40.000 afectados polas participacións preferentes a Fiscalía Superior de Galicia comprobou que o ordenamento xurídico procesual “ten unha serie de lagoas cando se trata de abordar os conflitos de masa, cando as persoas prexudicadas son un grande colectivo de centos ou miles”.

O fiscal xefe indicou que a lei procesual “está pensada máis ben para dirimir conflitos de persoas individuais, entre particulares, e non se adapta ben á resolución deste tipo de conflitos en que están implicados tal cantidade de persoas”. Igualmente, sinalou que o proceso civil tamén ten “dificultades para canalizar este tipo de demandas colectivas”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM