Comarcas

Comeza o 13º Festival Alternativo das artes escénicas en Vigo

Regresa un ano máis, a mostra do Festival Alternativo en distintos espazos municipais de Vigo, que se celebrará do 13 ao 16 de marzo. A mostra, que cumpre trece anos, desenvólvese no Auditorio municipal do Concello, na Casa das Artes e no MARCO.

O festival organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro, contará coa participación de artistas galegos e cataláns, así como de Francia, Portugal, Brasil, Alemaña, Suiza ou Bélxica.

Os prezos das entradas para cada sesión custará de 5 euros, comprándose nos propios espazos dende 30 minutos antes do comezo de cada función. Ademáis, o usuario pode efectuar a reserva telefónicamente no 666.990.403.

 

También te puede interesar